Os días do cometa é unha novela gráfica en branco e negro de Manolo López Poy e Miguel Fernández Vázquez, publicada en 2013 por Demo Editorial.
Trama A acción está ambientada en Galiza en 1986, durante o paso do cometa Halley. Un grupo de amigos da infancia dunha vila do rural están inmersos no narcotráfico e nunha trama de prostitución. A raíz dunha débeda de xogo, un deles é asasinado.
Véxase tamén Ligazóns externas "Os días do cometa, de Manolo López Poy e Miguel Fernández: puro xénero negro moderno", recensión de Manel Cráneo, marzo de 2013. "A Galicia negra dos 80 baixo o cometa Halley", artigo de Alberto Ramos en Praza Pública, marzo de 2013.
Categoría:Obras literarias de 2013 Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Novelas gráficas Categoría:Novelas ambientadas en Galicia