Sebastià Alzamora i Martín, nado en Llucmajor (Mallorca) o 6 de marzo de 1972, é un escritor crítico literario e xestor cultural balear. Membro do grupo poético Imparables, como xornalista traballou nos xornais Avui e Ara.

Traxectoria É licenciado en Filoloxía Catalá pola Universidade das Illas Baleares. Era coñecido polos poemas Rafel (1994). Tamén publicou Apoteosi del cercle(1997), Mula morta (2001) e El benestar (2003).

Como narrador publicou L'extinció (1999) e Sara i Jeremies (2002). Con La pell i la princesa gañou o Premio Josep Plá e recentemente por Crim de sang foi agraciado co Premio Sant Jordi para a novela.

Premios Premio Salvador Espriu: Rafel (1994) Premio Bartomeu Rosselló-Pòrcel de l'Obra Cultural Balear (1996) Premio Documenta de narrativa (1999) Premio Ciudad de Palma-Llorenç Villalonga de novel·la: Sara i Jeremies (2002) Premio Jocs Florals de Barcelona: El Benestar (2003) Premio Josep Plá : La pell i la princesa (2005) Premio Carles Riba de poesia: La part visible (2008) Premio Sant Jordi de novela: Crim de sang (2011)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fitxa de l'autor Qui és Qui de les lletres catalanes, en catalá. Sebastià Alzamora en Lletra The author at the web page of the Associació d'Escriptors en Llengua Catalana

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores das Illas Baleares Categoría:Nados en Llucmajor