Ignacio Pedro XVI PataneanO seu apelido aparece tamén como Batanian. (en , Ignatios Petros ŽZ Pat’anean), nado o 15 de febreiro de 1899 en Mardin (Imperio Otomán) e finado o 9 de outubro de 1979 en Bzumar (Líbano), foi o 16º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 4 de setembro de 1962 até o 22 de abril de 1976. Traxectoria Naceu en Mardin, no Imperio Otomán, o 15 de febreiro de 1899. O 29 de xuño de 1921 foi ordenado sacerdote.
O 5 de agosto de 1933 foi nomeado arcebispo de Mardin, e recibiu a ordenación episcopal o 29 de outubro de 1933 de mans do patriarca Avedis Pedro XIV.
En 1940 foi nomeado arcebispo titular de Gabula. O 6 de decembro de 1952 foi nomeado arcebispo de Alepo, e novamente en 1959 arcebispo titular de Colonia in Armenia.
O 4 de setembro de 1962 foi elixido Patriarca de Cilicia. Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo). Permaneceu no cargo até o seu retiro o 22 de abril de 1976. Finou o 9 de outubro de 1979 no Líbano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Nados en 1899 Categoría:Nados na provincia de Mardin Categoría:Finados en 1979 Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Membros da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental