260px|miniatura|Límites do escudo güianés.
O escudo güianés ou escudo das Güianas, macizo güianés ou simplemente Güiana, é unha rexión xeográfica situada ao nordeste de América do Sur.
Xeoloxía miniatura|Mapa físico do escudo güianés. miniatura|Monte Roraima, na fronteira entre Venezuela, Güiana e o Brasil).
O escudo Güianés é unha formación xeolóxica moi antiga, unha das zonas máis antigas da Terra, que se estende por Venezuela (a Güiana Venezolana), Brasil (Güiana Brasileira), Güiana, Suriname, Güiana Francesa e unha pequena parte de Colombia, (parte da Rexión Amazónica, no departamento de Guainía).
Os seus límites son o río Orinoco ao norte e ao oeste, e a selva amazónica ao sur. Ten unha forma irregular e está constituído, desde o punto de vista xeolóxico, por un macizo ou escudo antigo da era precámbrica, cunha cobertura sedimentaria tamén moi antiga, formada por arenitas e cuarcitas moi resistentes á erosión.
Esta cobertura sufriu un levantamento e pregamento case desde o momento da formación do planeta Terra, que deu lugar a unhas mesetas moi altas e rematadas por pendentes moi verticais, chamadas tepuis, un termo de orixe indíxena (da lingua pemón) que significa "montaña".
Nesta zona encóntrase a fervenza máis alta do mundo, o Salto Ángel (Kerepakupai Vená, en pemón, que significa "salto do lugar máis profundo").A miúdo cítase o por confusión nalgúns países hispanofalantes como Salto del Ángel, o cal é unha ultracorrección. o salto de auga máis alto do mundo, cunha altura de 979 m (807 m de caída ininterrompida),Guinness World Records 2013 . Segundo se cita na páx. 138 Está no Parque Nacional Canaima, no estado de Bolívar, Venezuela, que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994.Parque Nacional Canaima
Fauna, flora e xea É unha das rexións con maior biodiversidade do mundo. A Güiana conta con máis de 2.200 especies de vertebrados.
O escudo güianés está cuberto pola maior masa forestal tropical inalterada do mundo.Hammond, David S. (ed.) (2005): Tropical forests of the Guiana Shield: ancient forests in a modern world. Cambridge, Mass.: CABI.
Nesta rexión predominan as sabanas e o bosques galería ao longo dos ríos. Cara ao leste, onde a altura é menor, desenvólvense selvas tropicais e mangleiros sobre as costas do Atlántico.
Nalgúns sectores es rochas están cubertas de sedimentos que conteñen importantes depósitos de minerais, entre eles de ferro e bauxita, que se explotan intensamente.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Güiana (rexión)
Ligazóns externas Manioc: bibliothèque numérique Caraïbe, Amazonie, plateau des Guyanes El macizo de Guyania wikigeobenito.wikispaces.com El macizo de Guyania espaciosdeamerica.wikispaces.com
Categoría:Xeografía de América do Sur Xeoloxía de América do Sur