Silvana Mangano ([silˈvana ˈmaŋɡano]), nada en Roma o 21 de abril de 1930 e finada en Madrid o 16 de decembro de 1989, foi unha actriz italiana.
Traxectoria Nada en Roma, de pai italiano e nai inglesa (Ivy Webb, de Croydon), Mangano viviu na pobreza provocada pola segunda guerra mundial. Adestrada durante sete anos como bailarina, traballou tamén como modelo.
En 1946 gañou o concurso de beleza de "Miss Roma", a través do que logrou un papel nun filme de Mario Costa. Ao ano seguinte participou no concurso de Miss Italia, que gañou Lucia Bosè e no que tamén participaron futuras estrelas como Gina Lollobrigida, Eleonora Rossi Drago e Gianna Maria Canale.
A súa relación co actor Marcello Mastroianni levouna a conseguir un contrato cinematográfico, aínda que o seu descubrimento internacional foi coa súa interpretación en Arroz amargo (Giuseppe De Santis, 1949). Posteriormente, asinou un contrato con Lux Film, en 1949, e casou con Dino De Laurentiis, que estaba a piques de converterse nun recoñecido produtor.
Sen chegar á altura de Sophia Loren ou Gina Lollobrigida, Mangano foi unha das estrelas favoritas do cinema italiano nas décadas de 1950 a 1970.
Tras unha operación cirúrxica o 4 de decembro de 1989 caeu en coma e faleceu en Madrid a noite do 15 ao 16 dese mes, vítima dun cancro de pulmón.
Filmografía Arroz amargo (1949) - Silvana Anna (1951) - Anna Ulysses (1954) - Circe / Penelope Barrabás (1961) - Rachel Il disco volante (1964) - Vittoria Laconiglia Edipo re (1967)) - Jocasta Teorema (1968) - Lucia (a nai) Morte a Venezia (1971) - nai de Tadzio Gruppo di famiglia in un interno (1974) - Marchesa Bianca Brumonti Dune (1984) - Rev. Mother Ramallo Oci ciornie (1987)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Portada de Life Magazine, 11 de abril de 1960
Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Finados por cancro de pulmón