Antón Vidal Andión, nado en Pontevedra en 1948, é un avogado e editor galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao equipo fundador da Universidade de Vigo da que, en distintas etapas, foi xerente, vicerreitor de asuntos económicos e asesor xurídico. Dende 2002 é vicevaledor do Concello de Vigo.
Noutras etapas foi membro do Instituto de Mediación e Arbitraxe, asesor das centrais sindicais USO e CSG e Árbitro Laboral do Consello Galego de Relacións Laborais.
En marzo de 2015 foi nomeado presidente de Editorial Galaxia"Anton Vidal Andión, novo presidente de Editorial Galaxia" , artigo na web da Editorial, 1 de abril de 2015..
Notas
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1948 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Pontevedra Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Vigueses distinguidos