Dario Argento ([ˈdarjo arˈdʒɛnto]), nado en Roma o 7 de setembro de 1940 é un director, produtor e guionista italiano. É coñecido especialmente pola súa influencia no cinema de terror.
Traxectoria Argento naceu en Roma, fillo do produtor cinematográfico Salvatore Argento e a fotógrafa brasileira Elda Luxardo. Comezou a súa carreira como crítico, escribindo en varias revistas mentres asistía ao instituto. Ao rematalo conseguiu un traballo como columnista no xornal Paese Sera. No entanto comezou a traballar como guionista, colaborando con Sergio Leone no filme Ata que chegou a súa hora. Trala estrea deste filme debutou como director co filme giallo L'uccello dalle piume di cristallo, que se converteu nun grande éxito en Italia. A partir del continuou a concentrarse no xénero do giallo.
O filme Profondo rosso (1975) , fixo a Argento coñecido internacionalmente e inspirou outros directores como John Carpenter. En 1978 colaborou con George A. Romero en Dawn of the Dead.
Tras Inferno, volveu ao giallo máis convencional con Tebras (1982). En Phenomena (1985), un dos primeiros papeis de Jennifer Connelly, mesturou o xénero coa fantasía sobrenatural.
A partir de La sindrome di Stendhal (1996) os filmes de Argento non foron ben recibidos pola crítica.
Filmografía Filme Título Ano Acreditado como Director Guionista Produtor Montador Compositor Actor Scusi, lei è favorevole o contrario? 1966 Qualcuno ha tradito 1967 Oggi a me... domani a te!1968 Comandamenti per un gangster Commandos La rivoluzione sessuale Ata que chegou a súa hora Une corde, un Colt... 1969 Metti, una sera a cena Probabilità zero La legione dei dannati Un exército de cinco homes La stagione dei sensi L'uccello dalle piume di cristallo 1970 O gato de nove colas 1971 4 mosche di velluto grigio Così sia 1973 Le cinque giornate Profondo rosso 1975 Suspiria 1977 Dawn of the Dead 1978 (Sen acreditar) Inferno 1980 Tebras 1982 Phenomena 1985 Dèmoni Dèmoni 2 1986 Opera 1987 La chiesa 1989 Two Evil Eyes (episodio The Black Cat) 1990 La Setta 1991 Innocent Blood 1992 Trauma 1993 (sen acreditar) La sindrome di Stendhal1996 Il cielo è sempre più blu M.D.C. - Maschera di cera 1997 Il fantasma dell'opera 1998 Scarlet Diva 2000 Non ho sonno 2001 Il cartaio 2004 La Terza madre 2007 Giallo 2009 Dracula 3D 2012
Televisión 1973 - La porta sul buio (catro episodios como director e produtor) 2005 - Ti piace Hitchcock? (telefilme; director e guionista) 2005–2006 - Masters of Horror (dous episodios como director) 2010 - Tutti pazzi per amore ... Ugo, presidente commissione d'esame (un episodio como actor)
Documental 1993 - The King of Ads (director)
Véxase tamén
Bibliografía Xavier Mendik. "From the Monstrous Mother to the 'Third' Sex: Female Abjection in the Films of Dario Argento" en Andy Black (ed), Necronomicon: The Journal of Horror and Erotic Cinema: Book Two, Londres: creation Books, 1998, pp. 110–133. Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1940