O Roger Crozier Saving Grace Award, oficialmente denominado por motivos de patrocinio MBNA/MasterCard Roger Crozier Saving Grace Award, foi un trofeo de hóckey sobre xeo outorgado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao porteiro que finalizou a liga regular coa mellor porcentaxe de paradas. Só os porteiros que xogaron 25 partidos ou máis na tempada eran elixibles para o trofeo. A porcentaxe de paradas dun porteiro representa a porcentaxe de tiros a porta que para, e calcúlase dividindo o número de goles polo número total de tiros a porta.

O premio foi entregado por primeira vez ao final da tempada 1999-00, e recibiu o seu nome en honor ao antigo porteiro dos Detroit Red Wings, Buffalo Sabres e Washington Capitals Roger Crozier, un gañador dos trofeos Calder e Conn Smythe Trophy que xogou na NHL entre 1964 e 1977. Foi presentado pola empresa MBNA en memoria de Crozier, que traballou para o MBNA America Bank despois da súa retirada como xogador, e morreu o 11 de xaneiro de 1996. O gañador do trofeo recibía un trofeo conmemorativo de cristal e recibía a cantidade de 25.000 dólares para doar a hóckey xuvenil ou a outros programas educativos da súa elección.

A partir de 2007, despois da cal deixou de ser entregado, o premio foi entregado a seis xogadores diferentes en sete ocasións. Marty Turco é o único porteiro que gañou dúas veces o trofeo. Os Dallas Stars gañaron o trofeo tres veces, mentres que os Montreal Canadiens e os Minnesota Wild o gañaron en dúas ocasións. O premio non foi entregado en 2005, xa que a tempada 2004-05 foi suspendida a causa do Lockout da NHL 2004–05.

Gañadores miniatura|180px|Marty Turco é o único xogador que gañou o trofeo dúas veces.

Tempada Xogador Equipo % paradas Nº vitorias Ref. 1999-00 Ed Belfour Dallas Stars 91,9 1 2000-01 Marty Turco Dallas Stars 92,5 1 2001-02 José Théodore Montreal Canadiens 93,1 1 2002-03 Marty Turco Dallas Stars 93,2 2 2003-04 Dwayne Roloson Minnesota Wild 93,3 1 2004-05Non foi outorgado a causa do lockout 2005-06 Cristobal Huet Montreal Canadiens 92,9 1 2006-07 Niklas Bäckström Minnesota Wild 92,9 1

Líderes en porcentaxe de paradas (1982–1999) Antes do 2000, non había ningún premio para os líderes da liga en porcentaxe de paradas. A NHL comezou a contar este dato estatístico en 1982, e esta lista enumera a todos os líderes dende que se comezou a contar a porcentaxe de paradas ata a introdución do trofeo.

Tempada Xogador Equipo % paradas Nº vitorias 1982-83 Roland Melanson New York Islanders 91,0 1 1983-84 Roland Melanson New York Islanders 90,3 2 1984-85 Warren Skorodenski Chicago Black Hawks 90,3 1 1985-86 Bob Froese Philadelphia Flyers 90,9 1 1986-87 Ron Hextall Philadelphia Flyers 90,2 1 1987-88 Patrick Roy Montreal Canadiens 90,0 1 1988-89 Patrick Roy Montreal Canadiens 90,8 2 1989-90 Patrick Roy Montreal Canadiens 91,2 3 1990-91 Ed Belfour Chicago Blackhawks 91,0 1 1991-92 Patrick Roy Montreal Canadiens 91,4 4 1992-93 Curtis Joseph St. Louis Blues 91,1 1 1993-94 Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,0 1 1994-95Tempada acurtada polo lockout de 1994–95. Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,0 2 1995-96 Dominik Hašek Buffalo Sabres 92,0 3 1996-97 Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,0 4 1997-98 Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,2 5 1998-99 Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,7 6

Líderes en porcentaxe de paradas (2007–presente) Tempada Xogador Equipo % paradas Nº vitorias 2007-08 Dan Ellis Nashville Predators 92,4 1 2008-09 Tim Thomas Boston Bruins 93,3 1 2009-10 Tuukka Rask Boston Bruins 93,1 1 2010-11 Tim Thomas Boston Bruins 93,8 2 2011-12 Brian Elliott St. Louis Blues 94,0 1 2012-13Tempada acurtada polo lockout de 2012-13. Craig AndersonCraig Anderson só xogou 24 partidos na tempada 2012-13, con todo, debido ao lockout o número de partidos necesario foi reducido de 25 a 14. Ottawa Senators 94,1 1 2013-14 Josh Harding Minnesota Wild 93,3 1 2014-15 Carey Price Montreal Canadiens 93,3 1

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Lista de premios da National Hockey League Vezina Trophy

Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League