A escultura da Roma antiga comprende a obra escultórica desenvolvida en toda a área de influencia da Roma antiga, co foco central en Roma, entre o século VI a. C. e o século V. Orixinariamente derivou da escultura grega, principalmente a través da herdanza da escultura etrusca e, posteriormente, xa dun xeito directo durante o período helenístico, por contacto coas colonias da Magna Grecia e da mesma Grecia.

A tradición grega foi unha referencia constante ao longo da historia de Roma, pero contradicindo a crenza popular estendida que afirma que os romanos foron máis imitadores que creadores, sábese que non só foron quen de asimilar e desenvolver as súas fontes con mestría, senón que tamén contribuíron dun xeito orixinal nesta tradición. Isto é especialmente relevante na arte do retrato, xénero no que acadaron un gran prestixio e deixaron exemplos senlleiros dunha gran calidade técnica e expresiva. Tamén o fixeron no eido da escultura decorativa, presente nos grandes monumentos públicos, e que desenvolveu un estilo narrativo de moita forza e dun carácter tipicamente romano.

Despois da consolidación do Imperio, outras influencias estranxeiras, maiormente orientais, determinaron un lento mais progresivo afastamento do canon grego en dirección a unha simplificación formal de tendencia abstracta, que estabeleceu as bases da arte bizantina, paleocristiá e medieval. Ese proceso, porén, foi entremediado por diversos períodos de rexurdimento clasicista, que alén de fortaleceren o elo simbólico co pasado foron útiles na mantenza da cohesión política e cultural do territorio romano. Nin mesmo a cristianización do imperio puido determinar a exclusión das referencias clásico-pagás da escultura romana, e no século V, cando a unidade política se crebou definitivamente, os modelos clásicos aínda continuaban sendo emulados, malia que adaptándose aos temas propios da nova orde social, política e relixiosa que se instauraba.Kousser, Rachel M. Hellenistic and Roman Ideal Sculpture. Oxford University Press, 2008. pp. 111-114

O estudo da escultura romana é complexo para os investigadores, pois a súa evolución non se considera nin linear nin lóxica. A pesar das diverxencias entre os estudosos sobre moitos puntos, existe unha idea común sobre as características xerais de cada etapa, mais o xeito de como estas evolucionaron e como se transformaron dunha para outra é un proceso complexo que aínda está lonxe de ser ben comprendido. Existe unha duradeira inclinación cara ao historicismo e o eclecticismo, aínda máis pronunciada do que a que se observou na escultura helenística, xunto coa presenza de estilos ben diferenciados na escultura producida nun mesmo momento histórico para as diferentes clases sociais, e mesmo dentro dunha única clase, atendendo a necesidades de cada tema e situación.

O hábito xeneralizado da copia de obras gregas máis antigas e a permanencia de alusións ao clasicismo grego ao longo de toda a súa historia, mesmo a través do cristianismo primitivo, mantivo vivas unha tradición e unha iconografía que doutro xeito poderían terse perdido. Boa parte do noso coñecemento da cultura e da arte da Grecia antiga transmitiuse desta forma, e maila escultura romana —xunto coa grega— tivo fundamental importancia na formulación da estética do Renacemento e do neoclasicismo, testemuñando a súa vitalidade e significancia até tempos máis modernos, alén de estar considerada coma un dos corpos artísticos máis importantes da cultura occidental.

O papel da escultura na sociedade romana miniatura|Reconstrución hipotética da vía Apia, na antiga Roma.

Roma foi unha sociedade eminentemente visual. Coa meirande parte da súa poboación analfabeta e incapaz até de comprender o latín erudito que circulaba entre a elite, as artes visuais funcionaban coma unha especie de lingua franca accesíbel a todos, confirmando ideoloxías e divulgando a imaxe de personalidades eminentes. Nese contexto, a escultura gozou dunha posición privilexiada, ocupando todos os espazos públicos e privados, e poboando as cidades con innumerábeis exemplos en varias técnicas. Boa parte da escultura producida en Roma pertence á esfera relixiosa ou está relacionada con ela dalgún xeito. Até mesmo os retratos tiñan adoito asociación co sagrado, e así como en todas as culturas, Roma non diverxeu na práctica de producir imaxes propiamente de culto, que estaban presentes tanto nos grandes templos públicos coma até nas máis modestas das habitacións. Non só os grandes xéneros escultóricos en bronce e mármore se tornaron comúns —a estatuaria, os grandes sartegos, os relevos arquitectónicos— pero aínda máis as estatuas en terracota, os relevos funerarios sinxelos, as máscaras mortuorias en cera, cuxo custo estaba dentro do alcance das clases máis baixas. Jaś Elsner di que: miniatura|esquerda|314x314px|Lar romano, século I d. C. Museo do Prado.

Cando o cristianismo se tornou a relixión oficial do Imperio, o papel da arte mudou radicalmente, malia que non perdera a súa importancia central. O deus cristián non era coñecido a través de imaxes, senón a través das escrituras, dos seus profetas e comentaristas. Mesmo así, a escultura e o seu repertorio de representacións naturalistas convencionais foi adoptada pola igrexa nacente para a composición de alegorías, e continuou sendo practicada na esfera laica pública e privada como decoración, rexistro histórico e para o retrato até a ruptura final do Imperio, incluso como unha forma de darlle maior importancia á herdanza clásica compartida por todos e co fin de estabelecer algunha unidade cultural, nun período en que as periferias comezaban a desenvolver culturas propias cun longo grao de independencia e se volvía cada vez máis complicada a tarefa de manter o territorio unificado.

Antecedentes

miniatura|O Hipoxeo dos Volumni, en Perugia, arte etrusca da transición para o dominio romano. miniatura|O Apolo de Veios, terracota, Veios. A orixe de Roma é incerta, probabelmente fundada a mediados do século VIII a. C. por unha mestura de pobos itálicos que vivían na rexión do Lacio dende o século X a. C. Existe tamén a tese de que foi fundada polos etruscos, que vivían ao norte, e o mito di que a súa fundación débese a Rómulo e Remo, descendentes de Eneas, heroe de Troia. Outras evidencias suxiren fortemente a presenza de levas de inmigrantes transalpinos, os celtas e xermánicos, que terían deixado os seus trazos físicos nalgunhas familias da aristocracia romana, como os Flavios (nome que significa louro), e sido a causa da presenza de nomes coma Rufo e Rutilio (roibo e arroibado, respectivamente) nun pobo de cute basicamente morena.

A tradición etrusco-romana

Entre os séculos VII e VI a. C. os etruscos dominaron a rexión centro-norte da Península Itálica, e polo menos algúns dos semilendarios reis de Roma foron etruscos. A súa arte, que xa era en longa medida unha interpretación do estilo grego da época arcaica, pasou a ser a arte dos romanos. Así, como farían máis tarde coa arte grega, os romanos apenas imitaron os modelos formais etruscos, mais nas súas guerras con eles apropiáronse das súas obras de arte para ornamentar a súa propia capital. As primeiras esculturas realizadas en Roma das que se teñen noticias datan do século VI a. C. e o seu estilo é enteiramente etrusco. O Apolo de Veios, desa época, é un bo exemplo das tendencias estéticas entón vixentes. Os etruscos foron hábiles en varios xéneros escultóricos, dende a estatuaria fúnebre e sartegos até grupos monumentais, e en moitos puntos anticiparon a estética do prosaico que os romanos desenvolverían máis tarde. Considérase que foron mestres nas «escenas de xénero», retratando a vida común, persoas do pobo en actividades características, e tamén no retrato se mostraron artífices capaces. Desenvolveron unha tipoloxía específica para as urnas funerarias, as cales consistían nunha caixa decorada con relevos e pechada por unha tampa sobre a cal se presentaba un retrato reclinado do morto, de corpo enteiro, ás veces acompañado do seu cónxuxe, modelo que os romanos adoptarían en moitos dos seus sartegos. O Sartego dos Esposos, hoxe no Museo Nacional Etrusco, e o Hipoxeo dos Volumni, unha cripta en Perugia con varios sartegos, son algúns dos exemplos máis coñecidos. A pesar do progresivo abandono da tradición etrusca durante a fase helenística que viría máis adiante, aínda se atopan trazos dela até mesmo na época de Augusto.

Helenismo e neoclasicismo

Mentres Grecia evolucionaba cara ao seu clasicismo, acadando o seu apoxeo no século IV a. C., Roma iniciaba a súa expansión cara ao sur, xa independente dos etruscos despois de case unha centuria de loitas para obter a supremacía rexional. Iso levouna a entrar en contacto máis íntimo coa arte grega a través das colonias da Magna Grecia, cuxa cultura sofisticada impresionaba os romanos. Os nobres de Roma pasaron a desexar obras gregas nos seus palacios, contratando artífices gregos para realizar copias das composicións máis populares, ás veces pagando prezos desorbitados por elas. miniatura|esquerda|250x250px|Pseudoséneca, século I a. C., copia do orixinal helenístico do século II a. C. Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles. miniatura|esquerda|351x351px|Hércules Capitolino, clasicista, século II a. C. Museos Capitolinos.

Un pouco máis tarde, Alexandre o Grande conquistou Grecia e levou a arte grega até os confíns da India, pasando por Persia e chegando tamén a Exipto. O impacto desta expansión tivo dous sensos, un sobre os pobos conquistados, definindo novos rumbos para a súa cultura e arte, e outro reverso, sobre a propia cultura grega, que asimilou moitos elementos orientais. Coa fragmentación do imperio alexandrino despois da morte do conquistador, formáronse varios reinos autónomos (Bitinia, Galacia, Paflagonia, Ponto, Capadocia, Exipto dos Ptolomeus) que incorporaron costumes gregos, evolucionando entón de maneira propia. A esta fusión de influencias gregas e orientais déuselle o nome de helenismo. O interese polo pasado foi unha característica distintiva do período. Fundáronse os primeiros museos e bibliotecas, como en Pérgamo e en Alexandría, xurdiron biografías dos artistas máis destacados, a crítica de arte se desenvolveu e viaxeiros describían a xeografía, historia e costumes de varias relixións nos primeiros itinerarios turísticos escritos.

O gusto polo historicismo fixo que varios estilos anteriores fosen recuperados en sínteses eclécticas, mais cunha progresiva secularización na temática e unha preferencia por obras dramáticas cuxa intensa e dinámica expresividade é comparada co estilo barroco. A infancia, a morte e a velleira, e mesmo o humor, temas case sen precedentes na arte grega clásica, foron longamente cultivados. Desenvolveuse tamén entre as elites helenizadas de varios reinos un coleccionismo febril de obras de arte.