O Gran Premio de Italia de 1984 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Monza o 9 de setembro de 1984. A carreira, que se disputou sobre 51 voltas, foi a décimo cuarta proba da tempada de . A carreira foi o 54º Gran Premio de Italia.
Niki Lauda gañou no seu McLaren - TAG, aumentando a súa vantaxe no campionato sobre o seu compañeiro de equipo Alain Prost (cuxo motor TAG rebentou na volta 3) a 10´5 puntos. Michele Alboreto e Riccardo Patrese deu a multitude partidaria do italiano algo que celebrar ao lograr en casa cos seus Ferrari e Alfa Romeo o segundo e terceiro lugar respectivamente.
O sueco Stefan Johansson terminou cuarto no seu Toleman - Hart, mentres que os austríacos Jo Gartner (Osella - Alfa Romeo) e Gerhard Berger (ATS - BMW) terminaron quinto e sexto, respectivamente, aínda que como os seus equipos só presentaran un coche para a tempada e ambos participaban en segundos coches na carreira, nin Gartner ou Berger anotaron puntos no campionato.
O terceiro posto de Patrese foi o último podio na Fórmula Un de Alfa Romeo, xa sexa como construtor ou como fornecedor de motores. O Gran Premio de Italia de 1984 foi a única carreira na historia de Fórmula Un en ter tres pilotos austríacos acabando nas seis primeiras posicións.
Antes da carreira, o piloto de Lotus Elio de Angelis era o único piloto capaz de disputar matematicamente o campionato de pilotos a Lauda ou Prost. As súas posibilidades de converterse no primeiro campión do mundo italiano desde Alberto Ascari en evaporáronse cando a caixa de cambios do seu Lotus - Renault rompeuse na volta 14 quedándoo, como Prost, retirado da carreira.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Niki Lauda McLaren-TAG 51 1:20:29.065 4 9 2 27 Michele Alboreto Ferrari 51 + 24.249 11 6 3 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 50 + 1 volta 9 4 4 19 Stefan Johansson Toleman-Hart 49 + 2 voltas 17 3 5 30 Jo Gartner Osella-Alfa Romeo 49 + 2 voltas 24 0Nin Gartner nin Berger podían lograr puntos no campionato, xa que pilotaban o "segundo coche" dos seus equipos e como o equipo só presentara un coche para todo o campionato, o segundo coche non podía puntuar. 6 31 Gerhard Berger ATS-BMW 49 + 2 voltas 20 0 7 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 48 Sen combustible 22 8 21 Huub Rothengatter Spirit-Hart 48 + 3 voltas 25 9 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 45 Sen combustible 10 10 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 45 + 6 voltas 19 Ret 15 Patrick Tambay Renault 43 Acelerador 8 Ret 2 Teo Fabi Brabham-BMW 43 Motor 5 Ret 17 Marc Surer Arrows-BMW 43 Motor 15 Ret 16 Derek Warwick Renault 31 Presión aceite 12 Ret 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 20 Presión aceite 26 Ret 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 15 Motor 1 Ret 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 14 Caixa de cambios 3 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 13 Trompo 7 Ret 5 Jacques Laffite Williams-Honda 10 Turbo 13 Ret 6 Keke Rosberg Williams-Honda 8 Turbo 6 Ret 26 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 7 Motor 16 Ret 25 François Hesnault Ligier-Renault 7 Trompo 18 Ret 9 Philippe Alliot RAM-Hart 6 Eléctrico 23 Ret 28 René Arnoux Ferrari 5 Cixa de cambios 14 Ret 7 Alain Prost McLaren-TAG 3 Motor 2 NTS 14 Manfred Winkelhock ATS-BMW 0 Non arrincou 21 NSC 20 Pierluigi Martini Toleman-Hart
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 63 2 Alain Prost 52.5 3 Elio de Angelis 29.5 4 René Arnoux 24.5 5 Nelson Piquet 24
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-TAG 115.5 2 Ferrari 45.5 3 Lotus-Renault 42.5 4 Renault 33 5 Brabham-BMW 32
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Notas
Ayrton Senna, piloto habitual de Toleman, foi substituído por Pierluigi Martini como castigo por romper o seu contrato co equipo para pilotar por Lotus en . O terceiro posto de Riccardo Patrese foi o último podio de Alfa Romeo na Fórmula Un. Único Gran premio do Campionato Mundial onde 3 austríacos terminaron no top 6.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1984 Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1