María Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978, é unha avogada e política galega do PPdeG. Desde o 7 de maio de 2026 é alcaldesa de Lugo tras saír adiante unha moción de censura apoiada na concelleira tránsfuga exsocialista María Reigosa.

Traxectoria Licenciada en Dereito. Traballou en seguros. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira de Mondoñedo. Foi deputada provincial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mondoñedo e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo como candidata do partido máis votado.

Presidenta da Deputación En xuño de 2015 foi elixida presidenta da Deputación Provincial de Lugo, logo dunha sesión de investidura na que Manuel Martínez, alcalde de Becerreá (do PSdeG-PSOE), se rebelou contra Darío Campos, alcalde da Pontenova e candidato imposto polo PSdeG-PSOE, tras ser el vetado a petición do BNG por estar imputado, rompendo a disciplina do partido votándose a si mesmo en vez de a Darío Campos. En outubro, unha moción de censura de PSdeG e BNG apartouna do cargo.

Outros cargos En xullo de 2020 foi elixida parlamentaria no Parlamento de Galicia como cabeza de lista por Lugo. Dende o 24 de maio de 2022, foi a vicepresidenta primeira da cámara galega. A nivel orgánico é a presidenta do PPdeG na provincia de Lugo dende marzo do 2016. Nas eleccións municipais de 2023 o seu partido elixiuna como a candidata á alcaldía de Lugo, sendo elixida concelleira de Lugo. miniatura|Nunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro en 2024 Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.

Alcaldesa de Lugo O 22 de abril de 2026 o grupo popular do concello, do que ela forma parte, presentou unha moción de censura avalada por 12 sinaturas dos concelleiros do grupo e mais outro dunha exconcelleira do Partido Socialista e que estaba no grupo de non adscritos. Tras varias convocatorias de protesta, a moción votouse o 7 de maio de 2026 e saíu adiante con 13 votos a favor e 12 en contra.

Cómo consecuencia, foi substituída como vicepresidenta do Parlamento galego por Raquel Arias, o 19 de maio de 2026.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Mondoñedo Eleccións municipais en Lugo

Categoría:Alcaldes de Mondoñedo Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia

Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia