Jorge Juan Suárez Fernández, nado en Vigo o 27 de decembro de 1975, é un político galego.
Traxectoria Nado en Vigo, é o quinto de oito irmáns. A súa familia partiu de Ferrol pola crise do naval en 1973 cando seu pai, que traballara en Astano, marchara a buscar traballo en Vulcano. Volveu a Ferrol en 2009, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Foi coordinador da área de Traballo, Economía e Social de Esquerda Unida en Ferrol, funcionario xudicial en varias cidades de España ata que foi destinado ao Ministerio de Xustiza adscrito á Fiscalía de Menores da Coruña e delegado sindical de CCOO.
Alcalde de Ferrol Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Ferrol en Común e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE e BNG. Defínese como un home de paz que reivindica os seus ideais comunistas dende o respecto nun estado laico. Declarou que non financiaría con cartos do Concello a Semana Santa ferrolá. Unha das súa primeiras decisións foi baixar o soldo do alcalde por baixo dos 40 000 euros.
Nas eleccións municipais de 2019 repetiu como candidato de Ferrol en Común. O seu partido foi a terceira forza máis votada, ao pasar de 6 a 3 concelleiros, e deu o seu apoio na investidura ao candidato do PSdeG Ángel Mato, que se converteu no novo alcalde de Ferrol. Vida persoal
Está casado cunha ferrolá e ten dous rapaces.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ferrol
Ligazóns externas Jorge Suárez: «A porta deste alcalde vai estar sempre aberta»
Categoría:Políticos de Esquerda Unida Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975