Leticia Santos Paz, nada en Moaña o 1 de marzo de 1985, é unha política galega do BNG.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Viviu en Moaña ata os tres anos, cando se trasladou coa súa familia a Cacheiro (A Canicouva, Pontevedra). Estudou na EEI de Paredes, no CPI do Toural e no CEIP de Reibón, ao regresar en 1992 a Moaña. Despois estudou no IES As Barxas e acadou o grao en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. A seguir, traballou varios anos na empresa privada.
Deporte Practicou taekwondo e, logo de gañar o campionato galego con 16 anos e quedar subcampioa de España, chegou a formar parte do equipo da Universidade de Vigo que se proclamou campión estatal universitario. No 2006 acadou a nivel individual o campionato estatal e participou no Campionato do Mundo Universitario de Valencia, chegando até cuartos de final.
Carreira política Entrou na política da man de Diego Riobó, concelleiro de Cultura en Moaña, quen a animou a ir na candidatura ás eleccións municipais de 2011, no posto número 12. Tras a morte de Diego en setembro de 2011 tivo un maior achegamento á formación política, na que milita desde o 2013. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Moaña, obtendo 6 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio dos 3 concelleiros do PSdeG-PSOE. Nas eleccións de 2023, conseguiu a maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Moaña
Ligazóns externas Municipales 24-maio-2015 en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Moaña Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo