Francisco Xosé Fumega Piñeiro, nado no Carballiño en 1961, é un político galego do PSdeG-PSOE e dende 2015, alcalde do concello do Carballiño.

Traxectoria Foi delegado da Consellería de Medio Ambiente na provincia de Ourense (2007-2009). Trala renuncia de Carlos Montes Marqués a presentarse á reelección nas municipais de 2011, encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE no Carballiño, se ben non logrou a alcaldía tras conseguir o PPdeG a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 foi de novo o candidato candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde por maioría simpleFumega, tras recuperar O Carballiño para el PSOE: "Seré alcalde de unión", gobernando en minoría. Nas municipais de 2019 volveu repetir como cabeza de lista do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 volveu ser elixido alcalde, nesta ocasión por maioría simpleEl socialista Francisco Fumega revalida el cargo en O Carballiño al no entenderse PP y Pachi Vázquez.

Na década de 2010 foi profesor na Escola Superior Gallaecia de Arquitectura.

Obras Dinámica espacial en la tierra de O Carballiño, 1996. As fábricas de papel na comarca do Carballiño, 2010. A electrificación do noroeste ourensán. Un modelo paradigmático de difusión da electricidade en Galicia, 2015 (con Xosé Luis Sobrado).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Carballiño

Ligazóns externas «É difícil de entender a oposición o parque de residuos do Ribeiro». Entrevista en La Voz de Galicia. «As eleccións gáñanse no día a día, no contacto diario cos veciños». Entrevista en La Voz de Galicia.

Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1961