Mario Barco Vilar, nado o 23 de decembro de 1992 en Lizarra, Navarra, é un futbolista profesional que xoga como dianteiro no CD Mirandés da Liga SmartBank.

Traxectoria Nado en Lizarra, Mario Barco formouse nas canteiras do Peña Sport, Athletic Bilbao e do Club Deportivo Calahorra. No ano 2006, metres xogaba no Peña Sport, recibe un forte golpe na caluga, teméndose o peor, porén consegue recuperarse e en 2010, despois de xogar no Calahorra da Liga Nacional Xuvenil, ten a súa oportunidade co primeiro equipo da Terceira División, onde en 2011 é o máximo goleador con 20 goles en 30 partidos. Isto chama a atención da Unión Deportiva Logroñés da Segunda División B en 2012, onde continua a destacar.

O seu bo ano propicia o interese do Athletic Club, que o ficha para xogar no seu filial tamén da Segunda B. No seu primeiro ano no club bilbaíno marca cinco goles saíndo habitualmente desde o banco. Con todo, no seu segundo ano non goza de moito protagonismo, polo que no mercado de inverno ficha polo Barakaldo da mesma categoría. Alí convértese nun dos homes importantes do equipo ao meter 6 goles en tan só 13 encontros. A súa boa segunda volta chama a atención de varios equipos, mais o xogador decide asinar por tres anos co Club Deportivo Lugo da Segunda División.

O 25 de xuño de 2018, Barco chegou a un acordo co Cádiz CF para asinar un contrato por tres anos.Mario Barco, primer refuerzo para la nueva campaña

O 24 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas co CD Mirandés.Mario Barco, nuevo delantero del Club Deportivo Mirandés

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesCalahorraTerceira2011−20123020LogroñésSegunda B2012−2013339Athletic BSegunda B2013−2014335Athletic BSegunda B2014−2015110BarakaldoSegunda B2015136UD SomozasSegunda B2015-2016338Pontevedra CFSegunda B2016−20172512CD LugoSegunda2017−2018235

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Perfil do xogador en Soccer Way Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en La Preferente

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Lizarra Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Calahorra Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do CD Mirandés