miniatura|O cazón (Galeorhinus galeus), un exemplo de peixe batipeláxico.
O termo bantopeláxico é un adxectivo, formado pola raíz bento-, de bentos (do grego antigo βένθος bénthos, "o fondo mariño", "profundidade"), e o adxectivo peláxico, "o que nada en augas libres", que se aplica aos animais, especialmente aos peixes, que habitan nas augas mariñas xusto por riba do fondo, alimentánadose de organismos bentónicos e de zooplancton.Mauchline, J. and Gordon, J. D. M (1986): Download "Foraging strategies of deep-sea fish", Mar. Ecol. Prog. Ser. 27: 227-238. Os máis dos peixes demersais son bentopeláxicos.Walrond, C. Carl: "Coastal fish - Fish of the open sea floor", en Te Ara - the Encyclopedia of New Zealand.
Tipos de peixes bentopeláxicos Todos os peixes teleósteos bentopeláxicos teñen vexiga natatoria.
As especies dominantes, macroúridos e ofidíidos, teñen unha considerable biomasa. Outras especies inclúen os móridos e os notacantiformes.Bone (2008), p. 43.
Os tiburóns bentopeláxicos, como os escualiformes, logran a súa flotabilidade grazas ao aceite do seu fígadoBone (2008), p. 42. Os tiburóns adáptanse ben a presións moi altas. A miúdo encóntranse en profundidades de até os 2.000 m, buscando alimento en restos caídos doutros animais mortos, como baleas. Porén, as demanda de enerxía dos tiburóns é alta, xa que teñen que nadar constantemente e gastar unha gran cantidade de aceite para asegurar a súa flotabilidade. Estas grandes necesidades de enerxía non poden cumprirse nas condicións extremas oligotróficas que ocorren a grandes profundidades.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bone, Q e Moore, R. H. (2008): Biology of Fishes. Taylor & Francis Group. ISBN 978-0-415-37562-7. Merrett N. R. e Haedrich R. L. (1997): Deep-sea demersal fish and fisheries. Chapman and Hall. ISBN 978-0-412-39410-2. Moyle, P. B. e Cech, J. J. (2004): Fishes, An Introduction to Ichthyology. Quinta edición, Benjamin Cummings. ISBN 978-0-13-100847-2.
Outros artigos Demersal
Ligazóns externas Demersal fisheries , en Fishery Research Services, Marine & Fisheries. Goberno de Escocia. Deep water demersal fisheries Joint Nature Conservation Committee.
Categoría:Oceanografía Categoría:Ecoloxía Categoría:Termos zoolóxicos