As Meninas é unha serie de 58 cadros que Pablo Picasso pintou en 1957 facendo unha análise polo miúdo, reinterpretando e recreando varias veces As Meninas de Diego Velázquez. A suite consérvase na súa totalidade no Museo Picasso de Barcelona, sendo a única serie completa do artista que se conserva xunta. Trátase dun estudo de obra moi extenso, que consta de 45 interpretacións, 9 escenes dun pombeiro, 3 paisaxes e 1 Retrato de Jacqueline.
O propio Picasso concibía a serie toda coma un conxunto, e como tal doouna ó museo barcelonés en maio de 1968, en lembranza de Jaume Sabartés, morto ese mesmo ano. É famosa a frase de Picasso dita a Sabartés en 1950:A frase foi dita durante unha conversa sobre arte e foi recollida no libre L'Atelier de Picasso, publicado en 1952
Notas
Véxase tamén Outros artigos As Meninas Pablo Picasso
Categoría:Obras pictóricas de Picasso Categoría:Obras pictóricas de 1957