Manuel Dios Diz, nado en Santiago de Compostela o 14 de xaneiro de 1953, é un mestre e escritor galego. Traxectoria Mestre, licenciado en Xeografía e Historia e doutorando en Estudos Contemporáneos pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante da UPG, foi secretario xeral da Unión dos Traballadores do Ensido de Galiza (UTEG). Partidario de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, foi expulsado da UPG en maio de 1981.Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo Gallego Foi profesor no IES de Cacheiras (Teo). Secretario xeral do Sindicato Galego do Ensino e a Investigación-CXTG. En 1994 ao se unir a CXTG e a INTG para crearen a Confederación Intersindical Galega formou parte da súa primeira executiva.

Foi fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz (1985). En 2012 converteuse nun dos tres voceiros de Espazo Ecogaleguista e continuou como co-voceiro ao se transformar en Espazo Ecosocialista Galego. Foi concelleiro en Santiago de Compostela por Compostela Aberta entre 2015 e 2019 e asemade deputado provincial.

É autor de Unidades Didácticas para o profesorado sobre educación para a Paz. Xubilouse en 2013 no IES de Cacheiras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1953 Categoría:Sindicalistas da INTG Categoría:Políticos da UPG Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Sindicalistas da CXTG Categoría:Sindicalistas da CIG

Categoría:Profesores de educación secundaria