A perilinfa é un fluído extracelular corporal localizado dentro da cóclea ou caracol do oído interno en dous dos seus tres compartimentos: a scala tympani (escala timpánica) e a scala vestibuli (escala vestibular). A composición iónica da perilinfa é comparable á do plasma sanguíneo e o líquido cefalorraquídeo. O principal catión (ión cargado positivamente) da perilinfa é o sodio (Na+). Os valores das concentracións de ións sodio e potasio na perilinfa son 138 mM e 6,9 mM, respectivamente.

Localización O oído interno divóidese en dúas partes: labirinto óseo e labirinto membranoso. O labirinto membranoso está dentro do labirinto óseo, e contén un fluído chamado endolinfa. Entre a parede externa do labirinto membranoso e a parede do labirinto óseo está o espazo perilinfático, que contén a perilinfa. O labirinto membranoso está suspendido na perilinfa. A perilinfa do labirinto óseo está comunicada co líquido cefalorraquídeo do espazo subaracnoide por medio do conduto perilinfático.

Composición e función A perilinfa e a endolinfa teñen composicións iónicas peculiares, axeitadas ás súas funcións de regular electroquimicamente os impulsos das células ciliadas fonorreceptoras. O potencial eléctrico da endolinfa é ~80-90 mV máis positivo que o da perilinfa debido á maior concentración de potasio (K+) que de sodio (Na+).

Importancia clínica Suxeriuse que a perilinfa e a endolinfa participan nun fluxo unidireccional que está interrompido na enfermidade de Ménière.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20080515171131/http://oto.wustl.edu/cochlea/intro3.htm

Categoría:Oído Categoría:Fluídos corporais