Lidia Parada Santos, nada na Pobra do Caramiñal o 11 de xuño de 1993, é unha atleta galega, especializada en lanzamento de xavelina, que foi catro veces campioa de España absoluta nesta especialidade e outras seis en categorías inferiores, ademais de campioa galega en varias ocasións.Lidia Parada se coronó campeona gallega absoluta de jabalina. La Voz de Galicia, 30-03-2011. Posúe a segunda mellor marca española da historia, cun lanzamento de 61,25 metros logrado en Xetafe en 2018.
Club ao que pertence, e adestrador
Compite polo club Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, onde é adestrada por Abelardo Moure,Lidia Parada Santos dominó el nacional júnior de jabalina. La Voz de Galicia, Carballo, 11-07-2011. no Campo Municipal de Deportes da Alta, en Cabío, A Pobra do Caramiñal."Lardo Moure, el artesano que forja campeonas sobre la pista" La Voz de Galicia. Barbanza. 04-09-2017.
Traxectoria
Como internacional, disputou diversas probas en categorías infantís. En categorías superiores, representou a España nos seguintes eventos deportivos: Campionato do mundo xuvenil de 2009, celebrado en Bressanone, Italia, onde terminou na décimo oitava posición. Ximnasiada Mundial de 2010, de Doha, Qatar, na que terminou no oitavo lugar. Campionato do mundo júnior de Barcelona de 2012, onde terminou na décimo cuarta posición.Lidia Parada y Ana Peleteiro, recibidas como heroínas, La Voz de Galicia, 26-7-2012. Campionato de Europa Sub-23 de 2013 en Tampere, Finlandia, onde concluíu no undécimo posto, e onde competiu por primeira vez na categoría sub-23 (júnior).La selección española para Barcelona . Páxina web da Real Federación Española de Atletismo. Campionato do Mediterráneo Sub-23 de 2014 de Marsella, (Francia), no que foi quinta. Campionato de Europa Sub-23 de 2015, celebrado en Tallin (Estonia), onde conseguiu o resultado máis importante, polo de agora, da súa carreira deportiva, clasificándose na sexta posición.
Campioa de España
A súa estrea coa selección nacional absoluta produciuse nos Campionatos Iberoamericanos de atletismo, celebrados na cidade brasileira de São Paulo en 2014, no que quedou quinta, e ese mesmo ano proclamouse subcampioa de España en categoría absoluta.
miniatura|esquerda|180px|Campionato de España 2015. miniatura|180px|Campioa de España en lanzamento de xavelina 2015.
Foi campioa de España da categoría Sub-23 en 2014 no campionato celebrado en Durango, o seu sexto título nacional consecutivo. Os cinco anteriores conseguiunos en diferentes categorías en Motril, en Nerja, en Xátiva, en Avilés (2009) e en Mataró (2013), respectivamente.
En marzo de 2014 clasificouse na quinta posición na Copa de Europa de Lanzamentos de Inverno, en Leiria, Portugal, na proba de xavelina Sub-23. Quince días antes en León proclamárase subcampioa de España de inverno na categoría absoluta no Campionato de España de Lanzamentos Longos. No mesmo ano tamén foi subcampioa de España absoluta, en Alcobendas.
No verán de 2015 conseguiu por primeira vez a medalla de ouro no campionato de España absoluto de atletismo,95º Campeonato de España absoluto de atletismo. Castelló, 1-2 de agosto de 2015. Jabalina Mujeres. Resultados. RFEA .4 ouros para Galicia nos campionatos de España de atletismo, Praza Pública, 03-08-2015. algo que non conseguía unha galega dende o ouro de Marta Míguez en 2002; sumando, ademais, a plusmarca española Sub-23 cun lanzamento de 59,03 m. Revalidou o título en 2016, 2017 e 2018, conseguindo neste último caso un lanzamento de 61,25 metros, a segunda mellor marca española da historia.
Palmarés Campioa de España absoluta (2015, 2016, 2017, 2018) 6ª no Campionato de Europa sub-23 (2015) Récord de España sub-23 (59,03 m)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha na Real Federación Española de Atletismo
Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Lanzadores de xavelina Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1993