Siem Reap (en , en ) é unha cidade da provincia de Siem Reap, no noroeste de Camboxa, ademais dun importante lugar turístico como porta de entrada á rexión de Angkor. Trátase da quinta cidade máis poboada do país, con preto de 140.000 habitantes no 2024.
Historia Siem Reap acolleu varias das capitais do Imperio Khmer durante o século XV. Porén, a historia dos khmer na rexión remóntase ao século VIII, coa chegada dos primeiros moradores.
Patrimonio cultural Siem Reap ten unha importante arquitectura colonial e de estilo chinés no antigo barrio francés, e preto do Mercado Vello. Ten museos, actuacións de bailes apsara tradicionais, granxas de sede, campos de arroz e un santuario de paxaros preto do Lago Tonle Sap.
Angkor Wat Siem Reap é un destino turístico popular con gran número de hoteis, restaurantes e negocios relacionados co turismo. Isto débese en grande medida pola proximidade cos templos de Angkor Wat, a atracción turística máis importante do país.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Siem Reap (Ministerio de Turismo de Camboxa)
Categoría:Cidades de Camboxa