Santa María de Aciveiro (do latín acifu- 'acivro' + -ario, sufixo abundancial, 'lugar con abundancia de acivros') é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 329 habitantes (164 mulleres e 165 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 405 habitantes.Enquisa do concello.

Topónimo Fitotopónimo, lugar no que hai ou houbo moitos acivros.

Patrimonio Na parroquia está situado o Mosteiro de Santa María de Aciveiro.

No convento de Acibeiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano (1884), s. v. poleiro. No orixinal: N'o convento d'Acibeiro/ habia un frade galiñeiro/ qu'asi que se puña o sòl/ churras, churras, ò poleiro..

Festas 8 e 9 de setembro: Festas na honra á Virxe dos Remedios e San Roque.

Domingo anterior ao 7 de setembro: Festa na honra a Santa María a Real.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Aciveiro

Parroquias de Forcarei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Forcarei

Categoría:Parroquias de Forcarei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía