Star Wars Episode VII: The Force Awakens (tamén coñecido como Star Wars: The Force Awakens) é un filme estadounidense dirixido por J. J. Abrams que se estreou en decembro de 2015. É o sétimo título na serie de filmes de Star Wars, e está protagonizado por John Boyega, Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac, Andy Serkis, Domhnall Gleeson e Max von Sydow, xunto con Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Anthony Daniels, Peter Mayhew e Kenny Baker. A historia está ambientada aproximadamente 30 anos despois dos eventos de O retorno do Jedi (1983).

The Force Awakens é o primeiro filme da terceira triloxía de Star Wars, despois da adquisición feita por The Walt Disney Company de Lucasfilm en outubro de 2012. Foi producido por Abrams, o seu colaborador habitual Bryan Burk, e a presidenta de Lucasfilm Kathleen Kennedy. Ademais de dirixir e producir, Abrams foi co-guionista con Lawrence Kasdan, que tamén escribiu os filmes da triloxía orixinal O imperio contraataca e O retorno do Jedi. Abrams e Kasdan reescribiron un guión inicial de Michael Arndt. John Williams volve ser o compositor da banda sonora, e o creador da saga, George Lucas, é o asesor creativo.

O filme está producido por Walt Disney Pictures, Lucasfilm, e Bad Robot Productions e foi distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. A fase de rodaxe comezou en abril de 2014 en Abu Zabi e Islandia, e a fotografía realizouse entre maio e setembro de 2014 en Abu Zabi, Irlanda, e Pinewood Studios en Inglaterra. The Force Awakens foi estreado o 18 de decembro de 2015 en 2D, 3D e IMAX 3D.

Personaxes Daisy Ridley como Rey John Boyega como Finn Adam Driver como Kylo Ren Oscar Isaac como Poe Dameron Andy Serkis como Líder Supremo Snoke, Domhnall Gleeson como Xeneral Hux Max von Sydow como Lord San Tekka Harrison Ford como Han Solo Carrie Fisher como Leia Organa Mark Hamill como Luke Skywalker Anthony Daniels como C-3PO Peter Mayhew como Chewbacca Kenny Baker como R2-D2 Lupita Nyong'o como Maz Kanata Gwendoline Christie como Capitá Phasma

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2015 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por J. J. Abrams Categoría:Filmes producidos por J. J. Abrams Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de guerra e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Bad Robot Productions Categoría:Filmes de Star Wars Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes rodados nos Emiratos Árabes Unidos Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes rodados en Irlanda Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX