O condado de Chatham (en ) é un condado no estado estadounidense de Xeorxia. Segundo o censo dos Estados Unidos do ano 2010, a poboación era de 265.128 sendo o quinto condado máis poboado do Estado (e o máis poboado fora da Área Metropolitana de Atlanta. No ano 2014, a oficina do censo estimou que a poboación ascendeu ata os 283.379 residentes.http://factfinder.census.gov/bkmk/table/1.0/en/PEP/2013/PEPANNRES/0400000/US13.05000 A sede do condado e a cidade máis poboada é Savannah. O condado de Chatham é un dos oito condados orixinais de Xeorxia, sendo fundado o 5 de febreiro de 1777. Foi nomeado en honor a William Pitt, Earl de Chatham. O condado forma parte da área metropolitana de Savannah.

Xeografía Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos a superficie total do condado é de 1,640 km², dos cales 1,100 km² son de terra e 530 km² de auga.

O condado de Chatham e o máis setentrional dos condados da costa atlántica de Xeorxia. Está rodeado ao nordeste polo río Savannah e ao suroeste polo río Ogeechee.

Principais autoestradas

20px Interestatal 16 20px Interestatal 95 25px Interestatal 516 20px U.S. Route 17 20px U.S. Route 80 20px Ruta Estatal de Xeorxia 17 20px State Route 21 20px State Route 21 Spur 20px State Route 25 20px State Route 26 State Route 26 Connector 20px State Route 30 25px State Route 204 20px State Route 204 Spur 20px State Route 307 20px State Route 404 20px State Route 404 Spur 20px State Route 405 20px State Route 421 20px Savannah River Parkway

Condados adxacentes Condado de Jasper, – nordeste Condado de Bryan, – oeste Condado de Effingham, – noroeste

Areas Nacionais protexidas Fort Pulaski National Monument Savannah National Wildlife Refuge (parcialmente) Wassaw National Wildlife Refuge

Demografía Segundo o censo de 2010 a poboación total no condado era de 265.128 persoas. A densidade de poboación era de 240 persoas por km². O 54,4% eran brancos, 41,3% negros, 5,4% hispanos, 0,8% nativos americanos, 3% asiáticos, 0,2% das illas do pacífico e 2,6% doutra raza. A media de idade era de 34 anos.

Cidades grandes

Bloomingdale Garden City Pooler Port Wentworth Savannah Tybee Island

Cidades pequenas Thunderbolt Vernonburg

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Documentos do Condado de Chatham na Digital Library of Georgia

Chatham