Rogelio Rodríguez Milo, coñecido como Madriles, nado en Monforte de Lemos o 22 de novembro de 1934 e finado en Xixón o 8 de setembro de 2015, foi un futbolista galego. Xogaba de porteiro.
Traxectoria Na tempada 1956–57 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División. Nesa campaña xogou 2 encontros de liga e 3 de copa, facendo o seu debut o 13 de xaneiro de 1947, nunha derrota en Riazor contra o UD Las Palmas (1–2). O seu papel no equipo coruñés foi moi secundario, pois por diante tiña o porteiro titular, Juan Otero e o suplente, Bernabé Marzoa. Ese ano o Deportivo descendeu a Segunda División.
Faleceu o 8 de setembro de 2015 en Xixón, aos 80 anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Futbolistas de Monforte de Lemos Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol