Attilio Bignasca, nado en Lugano o 1 de novembro de 1943 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 2020, foi un empresario e político suízo, un dos dirixentes da Liga dos Tesineses.

Traxectoria Irmán do tamén político e empresario Giuliano,canda el dirixiu unha empresa de construción, a A+G Bignasca e en 1991 entrou no partido que fundara seu irmán, a Liga dos Tesineses. No ano 1991 entrou por vez primeira no Gran Consello do Tesino e en 1993 no consello municipal de Agno.

Entre2003 e 2009 foi deputado no ;Consello NacionalPerfil de Attilio Bignasca na Asemblea Federal de Suíza. No ano 2012 estableceuse en Lugano presentándose como candidato nas municipaisAttilio Bignasca scende in campo per il Consiglio comunale, resultando elixido concelleiroElezioni Comunali 2013

Notas

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Deputados de Suíza Categoría:Nados no cantón de Tesino Categoría:Empresarios da construción Categoría:Finados en 2020