O HTMS Chakri Naruebet, identificativo CVH-911 (en ), é un portaavións convencional construído en Ferrol a finais dos anos 1990 para a Real Mariña Tailandesa.
O tifón Gay chegou a Tailandia en 1989. A Mariña Real Tailandesa non tiña medios navais para axudar as vítimas. O goberno tailandés convocou un concurso internacional para o deseño e construción dun buque militar con capacidade para axuda civil. Entón non eran empregados buques anfibios. O deseño de Bazán baseado no Príncipe de Asturias foi seleccionado sobre deseños internacionais. O HTMS Chakri Naruebet foi o primeiro portaavións deseñado e construído para ser vendido a outro país. A Mariña Real Tailandesa é das poucas no sur de Asia que ten un portaavións.
O nome "Chakri Naruebet" foille posto polo rei Bhumibol Adulyadej. Significa "O Soberano da Dinastía Chakri". O custo do buque foi duns 352 millóns de dólares. Á súa botadura acudiron a raíña Sirikit de Tailandia e a raíña Sofía de España. En 2006 o buque deixou de operar con avións e dende entón opera con dez helicópteros Seahawk.Ruiz-Canela, Gaspar (9/9/2015)."El portaaviones que Ferrol construyó para Tailandia es un reclamo turístico". La Voz de Galicia.
Notas
Categoría:Tailandia Categoría:Portaavións Categoría:Barcos de 1996