Os irmáns Jean-Pierre Dardenne ([daʁdɛn]), nado en Liexa o 21 de abril de 1951 e Luc Dardenne, nado na mesma cidade o 10 de marzo de 1954 son unha parella de cineastas belgas. Traballan como directores, produtores e guionistas nos seus filmes.
Traxectoria Os Dardenne naceron e creceron na provincia de Liexa, en Valonia. Jean-Pierre estudou arte dramática, mentres que Luc (tres anos máis novo) estudou filosofía. En 1975 crearon Derives, compañía coa que produciron sesenta filmes documentais antes de pasarse ás longametraxes de ficción. Estes filmes trataban temas como a inmigración polaca, a resistencia durante a segunda guerra mundial e a folga xeral de 1960.
As súas dúas primeiras longametraxes de ficción, Falsch (1987) e Je pense a vous (1992), son pouco coñecidas, e Luc describiunas como unha "aventura desafortunada". O seu primeiro grande éxito foi La promesse en 1996.
Con Rosetta os Dardenne comezaron a fixarse nos problemas (filosóficos, espirituais e psicolóxicos) dos desempregados. A protagonista, Émilie Dequenne, que debutaba no cinema gañou o premio á mellor actriz no Festival de Cannes. O filme foi a primeira produción belga que gañou a Palma de Ouro.
Co seu seguinte filme, L’Enfant, volveron gañar a Palma de Ouro.
Filmografía Longametraxe Falsch (1987) Je pense à vous (1992) La Promesse (1996) Rosetta (1999) Le fils (2002) L'Enfant (2005) Le Silence de Lorna (2008) Le gamin au vélo (2011) Dous días, unha noite (2014) La Fille inconnue
Documentais Chant du rossignol (1978) Lorsque le bateau de Léon M. descendit la Meuse pour la première fois (1979) Pour que la guerre s'achève, les murs devaient s'écrouter (1980) R... ne répond plus (1981) Leçons d'une université volante (1982) Regarde Jonathan/Jean Louvet, son oeuvre (1983)
Curtametraxes Il court... il court le monde (1987) Dans l'obscurité (2007) (segmento do filme To Each His Own Cinema)
Produtores Vous êtes de la police ? (co-produtores)
Véxase tamén
Bibliografía Sebastiano Gesù (ed.), Etica ed estetica dello sguardo. Il cinema dei fratelli Dardenne, Catania, 2006. Ligazóns externas
Committed Cinema: The Films of Jean-Pierre and Luc Dardenne; Essays and Interviews Filmjourney.org: Entrevista Entrevista con Jean-Pierre e Luc Dardenne, directores de Le Silence de Lorna con David Walsh en World Socialist Web Site
Categoría:Directores de cinema de Bélxica Categoría:Nados en Liexa Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en 1954