miniatura|240px|Coello (Oryctolagus cuniculus). miniatura|240px|Pica alpina (Ochotona dauurica).

O dos gliros (Glires) é un clado (ás veces clasificado como granorde, taxon situado entre superorde e mirorde) dos euarcontogliros que comprende as ordes dos roedores e os lagomorfos (coellos, lebres e picas).

Características A súa característica exterior máis notábel é o gran desenvolvemento dos incisivos: perderon os primeriros incisivos superiores e inferiores, os terceiros incisivos inferiores, os caninos e os primeiros premolares. Os segundos incisivos tamén desapareceron, pero no seu lugar teñen grandes segundos incisivos de leite de crecemento continuo. A súa dentición mostra polo tanto un grande espazo baleiro entre os incisivos e os segundos premolares: o diastema.

Taxonomía Descrición O grupo dos gliros foi establecido por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum Characteribus, Differentiis, Synonymis, Locis. Editio Decima 1:1-824 en Fossilworks.

Etimoloxía O termo do latín científico Glires está tirado do latín glīrēs, plural de glīs, "leirón".Etymology of the Latin word glis en myEtymology.

Clasificación Segundo o NCBI, na actualidade recoñécense dentro dos Glires as seguintes dúas ordes:Glires no NCBI. Consultado o 17-09-2015.

Glires Orde Lagomorpha - lagomorfos Orde Rodentia - roedores

Filoxenia A hipótese de que estes animaais constitúen un grupo monofilético foi longamente debatida sobre a base de evidencias morfolóxicas, e estudos morfológicos recentes apoian a monofilia dos gliros. En particular, o descubrimento de novo material fósil de membros basais dos gliros, especialmente dos xéneros Mimotona, Gomphos, Heomys, Matutinia, Rhombomylus e Sinomylus, ayudou a pechar a brecha entre os roedores máis típicos e os lagomorfos. Datos baseados no ADN nuclear respaldan que Glires é un grupo irmán de Euarchonta, para formaren Euarchontoglires, pero algúns datos xenéticos tanto do ADN nuclear como do ADN mitocondrial foron menos favorábeis. Un estudo que investigou os datos de ausencia de retrotransposóns respalda de maneira inequívoca a hipótese de Glires. Estudos recientes sitúan a Scandentia como irmán dos Glires, invalidando a Euarchonta.

Relacións filoxenéticas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

as PDF

Outros artigos Mamíferos Euterios Euarcontogliros Lagomorfos Roedores Taxonomía dos mamíferos

Ligazóns externas Glires no NCBI. Glires na EOL. Familias e subfamilias de Glires na ADW. Glires en Tree of Life.

Categoría:Placentarios