Transportes Almacenes Transitarios SA é unha empresa galega de transporte por estrada con sede en Narón, A Coruña. As orixes da empresa están nos anos 1990, no transporte de aceiro e chatarra para Megasa no porto de Ferrol. Nos inicios este transporte de mercadorías o facían camioneiros autónomos ou pequenas empresas. O volume de negocio, a necesidade de máis camións para facer o transporte de carbón cara ás Pontes e diversas folgas fixeron que Megasa e Pérez Torres (empresa de estiba do porto de Ferrol) fundasen TT como empresa de transporte. A empresa diversificou o negocio transportando cargas a outros puntos de España e traballando para outros operadores loxísticos. A empresa ten máis de 250 tráileres.

Notas

Categoría:Narón Categoría:Empresas de transporte de Galicia