Gap é unha empresa norteamericana adicada á produción e comercialización de roupa e complementos con sede en San Francisco. Ten seis marcas principais: Banana Republic, Old Navy, Piperlime, Intermix, Athleta e Gap Inc. É a primeira empresa do mundo en vendas e número de establecementos de roupa seguida por Inditex e H&M. Gap está centrada no mercado nos Estados Unidos, ten 135 000 empregados e opera 3 076 tendas en todo o mundo das cales 2 551 son nos Estados Unidos. A empresa non ten tendas físicas en España pero vende por Internet.
Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Empresas téxtiles