O Douglas C-47 Skytrain ou Dakota (designación da RAF) é un avión militar de transporte desenvolvido a partir do avión de pasaxeiros civil Douglas DC-3. Foi usado extensamente polos Aliados durante a segunda guerra mundial e aínda está en servizo activo con varias forzas aéreas hoxe en día.

Deseño e desenvolvemento O C-47 diferénciase do DC-3 civil en numerosas modificacións, como unha porta de carga, un chan reforzado, puntos de ancoraxe para un ascensor, un cono de cola máis curto para grillóns de remolque para planeadores, e un astrodomo no teito da cabina.Parker 2013, pp. 37, 39, 45-47

O especializado C-53 Skytrooper de transporte de tropas comezou a fabricarse en outubro de 1941 na planta de Douglas Aircraft en Santa Monica, California. Esta variante carecía da porta de carga, puntos de ancoraxe do ascensor e chan reforzado do C-47. Só se fabricaron 380 unidades en total, xa que se demostrou que o C-47 era máis versátil.

Durante a segunda guerra mundial, as forzas armadas de moitos países usaron o C-47 e DC-3 modificados para o transporte de tropas, carga e feridos. A designación para a Armada estadounidense foi R4D. En total fabricáronse máis de 10 000 avións nas fábricas de Long Beach, Santa Monica e Oklahoma City. Entre marzo de 1943 e agosto de 1945 a planta de Oklahoma City fabricou 5 354 C-47.Parker 2013, pp. 13, 35, 37, 39, 45-47Herman 2012, pp. 202-203, 227

Notas

Bibliografía Herman, Arthur. Freedom's Forge: How American Business Produced Victory in World War II. Nova York: Random House, 2012. . Parker, Dana T. Building Victory: Aircraft Manufacturing in the Los Angeles Area in World War II. Cypress, California: Dana Parker Enterprises, 2013. .

Categoría:Aeronaves de Douglas Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1941