Marina Matulović-Dropulić, nada o 21 de xuño de 1942, é unha política croata membro da Unión Democrática Croata.
Traxectoria Matulović-Dropulić foi a alcaldesa da cidade de Zagreb por dous mandatos. O seu primeiro mandato foi un par de meses no ano 1996 durante a crise croata, e despois outra vez nas eleccións de 1997 até o ano 2000. Foi a primeira alcaldesa da cidade.
Nas elección parlamentarias croatas do ano 2000, foi escollida como membro do Parlamento de Croacia e estivo en funcións até o ano 2003. Desde o 2003, Marina foi ministra no goberno de Ivo Sanader e despois do de Jadranka Kosor. No ano 2007 foi escollida para a listaxe do HDZ, mais refusou dela e permaneceu sendo ministra do goberno.
Véxase tamén
Ligazóns externas Marina Matulović-Dropulić Perfil do Goberno Croata de Marina Marina Matulović-Dropulić Cuarta asemblea do Parlamento Croata
Categoría:Alcaldes de Croacia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Zagreb Categoría:Ministros