O descoñecido (en ) é un filme galego en lingua castelá dirixido polo monfortino Dani de la Torre que se estreou no 2015. Está protagonizado por Luís Tosar e Goya Toledo. Rodada integramente na Coruña, estreouse nos cines de España o 25 de setembro de 2015.
Estreouse en galego o 29 de xullo de 2020 a través da TVG. A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Sinopse Carlos (Luís Tosar), un executivo de banca, comeza a mañá levando os seus fillos ó colexio, algo excepcional do que adoita encargarse habitualmente a súa muller. Cando arrinca o seu coche, recibe a chamada dun descoñecido para Carlos, pero que o sabe todo sobre el. Esta persoa anúncialle que ten unha bomba debaixo do seu asento e comunícalle que ten tan só unhas horas para xuntar unha gran cantidade de cartos, ou do contrario o coche estoupará.
Personaxes
Luís Tosar como Carlos Voz da dobraxe galega de Antón Olmos. Javier Gutiérrez como Lucas Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas. Elvira Mínguez como Belén Voz da dobraxe galega de Charo Pena. Goya Toledo como Marta Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo. Fernando Cayo como Espinosa Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia. Paula del Río como Sara Voz da dobraxe galega de Chelo Díaz. Marco Sanz como Marcos Voz da dobraxe galega de Teresa Santamaría. Antonio Mourelos como Ángel Ricardo de Barreiro como Víctor María Mera como Julia
Palmarés cinematográfico XIV edición dos Premios Mestre Mateo Categoría Persoa ResultadoMellor longametraxeGañadoraMellor interpretación masculina protagonistaLuís TosarGañadorMellor interpretación masculina secundariaJavier GutiérrezGañadorMellor interpretación masculina secundariaFernando CayoNomeadoMellor interpretación feminina protagonistaPaula del RíoGañadoraMellor interpretación feminina secundariaElvira MínguezGañadoraMellor direcciónDani de la TorreGañadorMellor dirección de fotografíaJosu IncháusteguiGañadorMellor dirección de arteJuan Pedro de GasparNomeadoMellor dirección de produciónCarla Pérez de AlbénizGañadoraMellor guiónAlberto MariniGañadorMellor montaxeJorge CoiraGañadorMellor música orixinalManuel RiveiroGañadorMellor sonDavid MachadoNacho ArenasJaime FernándezGañadoresMellor vestiarioAna LópezNomeadaMellor maquillaxe e peiteadoRaquel FidalgoNoé MontesNomeadas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do filme
O descoñecido en FilmAffinity
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes dirixidos por Dani de la Torre Categoría:Filmes de Vaca Films Categoría:Filmes de Atresmedia Cine Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes de 2015 con versión en galego