O Aston Martin DBS V12 é un superdeportivo de altas prestacións deseñado e fabricado por Aston Martin. Dende o intre en que este modelo se presentou, pasou a ser unha icona da marca británica e moitos entendidos do mundo do motor afirman que aínda segue a ser a imaxe de Aston Martin. Malia ser oficialmente presentado no Pebble Beach Concours d'Elegance de 2007, este modelo Aston xa se dera a coñecer no ano 2006 no filme 007 Casino Royale. Cando saíu á venda no 2008, a versión cupé de cambio manual tiña un prezo de 276 837 €, mentres que o modelo con cambio automático custaba 282 124 €. O coche construíase na fábrica de Gaydon (Inglaterra) e o motor na planta de Colonia (Alemaña). Ademais da versión cupé, tamén se creou a versión Volante (convertible) que roldaba os 295 000 €.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial do Aston Martin DBS Coupe Vídeo oficial do DBS Coupe Páxina web oficial do modelo DBS Volante Vídeo do Aston Martin DBS no programa Top Gear Páxina web oficial do DBS Ultimate
Categoría:Modelos de Aston Martin