miniatura|Retrato da duquesa Ana de Francia coa súa filla Susana de Borbón, á dereita do tríptico de Moulins, obra do Mestre de Moulins, 1489-1499. Susana é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita é común co castelán e co portugués. A súa orixe é o hebreo xûxan que quere dicir "lirio". En galego tamén ten os hipocorísticos Susa e Susi.
En xaneiro de 2023 existían 6.492 mulleres en Galicia co nome Susana, cunha media de idade de 46,2 anos.Nome Susana na Web do Instituto Galego de Estatística Santa Susana de Braga é patroa dunha parroquia na cidade de Santiago de Compostela.
Etimoloxía Provén do exipcio medio xoxen, Sšn (‘flor de loto’). Aparece por vez primeira nun sarcófago da Undécima Dinastía do 2000 a. C.
Aparece tamén en Persia (onde se corresponde co nome do ‘lirio’), na antiga cidade de Susa. Nos mitos persas, Shushan é tamén o nome do fillo (ou a filla, nalgunhas traducións) de Elam.
No aramaico shoshana significa tamén ‘lirio’. No entanto, a raíz hebraica do nome do lirio שושן deriva de שוש ou ששנ, que significa ‘ledo, brillante ou feliz’, e é a base da verba ששון sasson, que significa ‘ledicia’.
Aparece unha Susana no Evanxeo de Lucas (8:3), como unha das mulleres que acompañaban a Xesús Cristo.
Variantes Variantes noutras linguasAlemán: SusanneCastelán: Susana Catalán: SusannaCheco: ZuzanaDinamarqués: SusanneEslovaco: ZuzanaEsloveno: SuzanaEsperanto: SusanoFrancés: SuzanneGrego: Σουσάννα Finés: SusannaHebreo: Chochana, ShoshanaHúngaro: Zsuzsanna o Zsuzsa (diminutivo: ZsaZsa)Inglés: Susan, Suzanne Italiano: SusannaLatín: XuxaMalaio: SosammaNoruegués: SusannePolaco: ZuzannaPortugués: SusanaRomanés: SuzanaRuso: Сусана (Susanna)Serbio: ЖужанаSueco: Susanna
Santoral 11 de agosto: Santa Susana de Roma. 14 de abril: Santa Susana de Braga.
Persoeiros Santas e beatas Santa Susana de Roma (século III), virxe e mártir romana; festividade: 11 de agosto. Susana de Braga, virxe mártir do século III - Festividade: 14 de abril. Ten especial devoción en Santiago de Compostela. Santa Susana (século II), patricia romana, mártir; festividade: 29 de agosto. Santa Susana de Taormina; festividade: 7 de xuño. Santa Susana de Tavium, virxe e mártir; festividade: 24 de maio.
Galegas Susana Seivane, gaiteira galega. Susana Sánchez Aríns, poeta galega. Susana Dans, actriz galega. Susana López Abella, política galega. Susana Vázquez Dorado, política galega. Susana Fortes, escritora e xornalista galega. Susana Germade, cantante galega. Susana Quintás, economista e empresaria galega.
Outras Susana de Italia, condesa de Flandres. Susan McFadden, actriz e cantante irlandesa. Susana Díaz, política andaluza. Susana Giménez, actriz arxentina de cinema.
Susana na arte Pintura Susana no baño, pintura de Tintoretto.
Música Susana Seivane (álbum), primeiro álbum de estudio da gaiteira Susana Seivane. A tradicional canción estadounidense Oh! Susanna (1847), de Stephen Foster (1826-1864) Suzanne (1968), unha das cancións máis coñecidas de Leonard Cohen Suzanne (1984), é un clásico dos anos oitenta de The Art Company
Cinema O filme Susana (1951) —tamén coñecido como Demonio y carne—, do director hispanomexicano Luis Buñuel (1900-1983). O filme dinamarqués Susana (1951).
Publicacións a revista Susana, editada por Susana Giménez.
Toponimia Susana, comuna no Departamento Castellanos, provincia de Santa Fe (Arxentina). A Susana, lugar da parroquia do Viveiró, no concello de Muras; A Susana, lugar da parroquia de Marrozos, no concello de Santiago de Compostela; Estación da Susana, apeadoiro de Adif, situado na Susana. Carballeira de Santa Susana, carballeira en Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe hebrea Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos portugueses