Telangana é un dos 29 estados da India, situado no sur dese país. Formouse o 2 de xuño de 2014 coa cidade de Hyderabad como a súa capital. Telangana limita cos estados de Maharashtra ao norte e noroeste, Chhattisgarh ao nordés, Karnataka ao oeste, e Andhra Pradesh ao leste e ao sur. O duodécimo estado máis grande da India, Telangana ten unha superficie de 114.840 quilómetros cadrados e unha poboación de 35 286 757 (censo de 2011). As cidades máis poboadas ademais da capital son Warangal, Nizamabad, Karimnagar, Ramagundam e Khammam.

Telangana adquiriu unha indentidade de seu como a rexión de fala telegúa do principado de Hyderabad, gobernado por Nizam de Hyderabad, que se uniu á Unión India en 1948. En 1956 disolveuse o estado de Hyderabad como parte da reorganización lingüística dos estados e Telangana fusionouse co antigo estado de Andhra para formar Andhra Pradesh. Tras anos de existencia dun movemento popular para separación, outorgouse a separación e a creación do estado de Telangana o 2 de xuño de 2014. Hyderabad continuará como a capital conxunta de Andhra Pradesh e Telangana durante un período non superior a dez anos.

Notas

Categoría:Subdivisións da India