Unha eclipse superlunar total terá lugar entre a medianoite do 27 e o albor do 28 de setembro de 2015, segundo das dúas eclipseshttp://eclipse.gsfc.nasa.gov/LEplot/LEplot2001/LE2015Sep28T.pdf Autor: NASA lunares totais de 2015 e o derradeiro das eclipses das Lúas de sangue ou da tétrade de (2014-2015). Ocorrerá tamén acompañado polo fenómeno lunar chamado «superlúa».Raro eclipse de 'Superluna' el próximo lunes. Consultado:

A seguinte eclipse total non terá lugar ata xaneiro de 2018.

Visualización Mapa O seguinte mapa amosaa as rexións dende as que será posible ver a eclipse. En gris, as zonas que non verán a eclipse; en branco, as que si o verán; en celeste, as que poderán vela na saída ou recollida lunar.

480px

Perspectiva da Lúa 320px320pxAs imaxes amosan a perspectiva dende a Lúa no máximo da eclipse. O fenómeno será visible sobre o océano Atlántico, Europa, América e África.

Superlúa Esta Lúa eclipsada verase un 12,9 % maior en diámetro que outras eclipses lunares, (29,66' para unha eclipse de tamaño aparente menor, e 33,47' para esta eclipse, diámetros vistos dende o centro da Terra. As seguintes imaxes dan unha idea da diferenza:

320px|left

Antecedentes

miniatura|Esta animación en vídeo explica a eclipse superlunar do 27 e 28 de setembro de 2015. Esta eclipse lunar ocorre cando a Lúa pasa dentro da sombra da Terra. Ao comezar a eclipse ás 00:11:47 (UTC), a sombra da Terra escureceu primeiro un pouco a Lúa. A sombra comezou a cubrir a Lúa, comunicándolle unha cor vermella-marrón escura (a cor pode variar en función das condicións atmosféricas). A Lúa parece ser de cor arrubiada pola dispersión de Rayleigh (o mesmo efecto que fai que o solpor apareza de cor vermella) e a refracción da luz pola atmosfera da Terra na súa umbra. O seu momento máximo máis avermellado é 02:47:07 (UTC), finalizando cara ás 05:22:27 (UTC).

A seguinte simulación amosa o aspecto aproximado da Lúa ó pasar a traverso da sombra da Terra. Nela, o brillo da Lúa é esaxerado dentro da sombra limiar. A parte norte da Lúa, máis próxima ó centro da sombra, aparece máis escura, e a aparencia da maioría é vermella. Imaxe:Animation September 28 2015 lunar eclipse appearance.gif

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas OAN Sección de eclipses da páxina de efemérides do Observatorio Astronómico Nacional de España, con gráficos da secuencia da eclipse dende Madrid e dende Tenerife.

Categoría:Eclipses lunares Categoría:2015