Ramaria flaccida é unha especie de fungo coral na familia Gomphaceae. Oririnariamente descrito coma Clavaria flaccida por Elias Fries en 1821, a especie pasouse ao xénero Ramaria por Hubert Bourdot en 1898.

Aparece en Europa e América do Norte. Ten presenza en Galicia e Norte de PortugalReferencia do achado da especie en Galicia no Blog Fungos de gallaecia e Norte de Lusitania.

Considérase un cogomelo tóxico.

Descrición Componse dun esporocarpo que ten forma de multitude de varetas dispostas a xeito de pólas verticais de 3 a 10 cm de alto. As pólas rematan en forma de pequenas subramas de puntas espiñentas.

Notas

Categoría:Gomphaceae Categoría:Basidiomicetos Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos descritos en 1821 Categoría:Fungos velenosos