A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, coñecida a miúdo polo acrónimo AGPTI, é unha asociación galega do ámbito de tradución. Creouse no ano 2001 coa finalidade de servir de plataforma de comunicación entre profesionais para a defensa dos intereses dos traballadores da tradución e da interpretación. Tamén ten entre os seus obxectivos a difusión do galego como lingua de traballo neste sector e contaba en 2015 con algo máis de 100 membros.A AGPTI celebrou o Día Internacional da tradución coa presentación da súa Guía de inicio na profesión, artigo en Xornal de Galicia o 2 de outubro de 2014. A AGPTI forma parte da Red Vértice, que agrupa asociacións de tradución e interpretación de ámbito estatal.

En 2021 estaba presidida por Iria Taibo Corsanego.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio Xela Arias Ligazóns externas Páxina web da asociación

Categoría:Tradución Categoría:Asociacións de Galicia