O Velódromo de Fadura é unha instalación deportiva dedicada á práctica do ciclismo e do rugby, que forma parte da Cidade Deportiva Municipal de Fadura, en Getxo (Biscaia). As instalacións inclúen pistas de atletismo, campos de fútbol e hóckey, piscinas, pavillón, ximnasio e pistas de tenis.Información na web da residencia para deportistas , e foron construídas a comezos dos anos 1960. A tribuna lateral cuberta do velódromo pode acoller a 510 persoas sentadas. A pista oval para bicicletas é de formigón, e apenas ten peralte.

No campo de rugby que ocupa o interior das pistas xoga os seus encontros como local o Getxo Rugby Taldea da División de Honra de Rugby. A súa superficie é de herba natural. Notas

Ligazóns externas Páxina web do Getxo Rugby Taldea

Categoría:Deporte en Getxo Fadura Categoría:Ciclismo