Jon and Roy é unha banda canadense de folk rock e reggae formada por tres músicos de Victoria, Canadá.

Traxectoria O cantautor e guitarrista Jon Middleton e o percusionista Roy Vizer coñecéronse na Universidade de Victoria e acabaron formando Jon e Roy, que empezou actuar na contorna de Victoria e Vancouver en 2003. Ao ano seguinte sumouse o multiinstrumentista Dougal Bain Mclean e gravaron o seu primeiro álbum, Sittin' Back, en 2005 co produtor e enxeñeiro de son Stephen Franke."Artist Jon and Roy biographical info", CBC O tema que dá título ao álbum apareceu nun anuncio de televisión da Volkswagen que se emitiu durante nove meses nos Estados Unidos, polo que se fixo coñecido nese país, e un dos seus vídeos,"Little Bit of Love", tivo certo éxito en YouTube.

No intervalo entre 2006 e 2007 realizaron outros proxectos por separado, así Middleton gravou un álbum en solitario, After a Trip, e McLean e Vizer establecéronse en Vancouver. En 2007, Jon and Roy xuntáronse de novo e gravaron o álbum Another Noon, unha vez máis con Stephen Franke, en Blue Heron Studios. En abril de 2010, Jon e Roy lanzaron Homes, ao que seguiu en 2012 Let It Go, e en 2014 By My Side.

Discografía

Álbums 2005 Sittin Back 2008 Another Noon (2009 nos Estados Unidos) 2010 Homes 2012 Let It Go 2014 By My Side

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jon e Roy sitio web oficial Páxina oficial en Facebook

Categoría:Grupos musicais formados en 2003 Categoría:Grupos musicais da Columbia Británica Categoría:Grupos musicais de folk rock