Russell Begaye, nado en Shiprock, Novo México, é un político do pobo navagho que foi o presidente da Nación Navagho dende o 2015 até o 2019. É o segundo navagho de Novo México que se converteu en Presidente dos navagho, malia non ser falante nativo de Diné, o idioma navagho.
Traxectoria
Formación En 1974, Begaye graduouse en Ciencias Políticas na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA). En 1977, conseguiu o mestrado en Divindade, que é como se denominan os estudos teolóxicos nos Estados Unidos, do Southwestern Baptist Theological Seminary en Fort Worth, Texas.
Carreira De 1977 a 2011, Begaye traballou para a Xunta de Misións de América do Norte. A partir de 2011, serviu no Consello da Nación Navagho ata a súa elección para a presidencia o 4 de abril de 2015 e tomou posesión do mesmo o 12 de maio de 2015. Permaceu no cargo ata o 8 de xaneiro de 2019, en que o sucedeu o, ata entón vicepresidente, Jonathan Nez.
En 2022, presentouse ás eleccións para o Consello da Nación Navagho.
Vida persoal Begaye estivo casado con Kyoon Chung Begaye, unha dentista de Atlanta, quen non participaba nos asuntos da Nación Navagho polo que, durante o período da súa presidencia, foi a esposa do vicepresidente Jonathan Nez que realizou as funcións de Primeira Dama. En 2016, Begaye informou que tras 17 anos xuntos, o matrimonio rematara.
Notas
Categoría:Pobo navagho Categoría:Presidentes da Nación Navagho Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles