miniatura|Amitabh Bachchan en 2013 Amitabh Harivansh Bachchan, nado en Allahabad o 11 de outubro de 1942, é un actor indio.

Traxectoria Comezou a ser popular a primeiros da década de 1970 pola súa actuación en filmes como Deewar e Zanjeer, e desde entón apareceu en arredor de 180 filmes, nunha carreira que abrangue catro décadas. Bachchan está considerado un dos actores máis grandes e máis influentes na historia de cinema indio. Tan amplo era o seu dominio da escena cinematográfica india na década de 1970 e 1980 que o director francés François Truffaut denominouna "industria dun só home.". Gañou moitos dos grandes premios do cinema indio, incluíndo tres premios nacionais cinematográficos indios ao mellor actor, e catorce premios Filmfare. Alén de actuar, Bachchan tamén cantou en varios filmes e presentou algúns programas de televisón. Na década de 1980 tivo unha curta carreira política, e foi membro do Lok Sabha de 1984 a 1987. En 2013 debutou en Hollywood con The Great Gatsby, no que interpretou a Meyer Wolfsheim.

Filmografía Ano FilmePapel Notas 1971 AnandDr. Bhaskar Bannerjee (Babu Moshai) Filmfare ao mellor actor secunario 1973 Namak Haraam Vikram (Vicky) Filmfare ao mellor actor secundario 1977 Amar Akbar Anthony Anthony Gonsalvez Filmfare ao mellor actor 1978 Don Don / Vijay Filmfare ao mellor actor 1990 Agneepath Vijay Deenanath ChauhanPremio Nacional Cinematográfico ao mellor actor 1991 Hum Tiger / Shekhar Filmfare ao mellor actor 2000 Mohabbatein Narayan Shankar Filmfare ao mellor actor secundario 2001 Aks Manu Verma Filmfare dos críticos ao melllor actor 2005Black Debraj Sahani Premio Nacional Cinematográfico ao mellor actor Filmfare ao mellor actor Filmfare dos críticos ao mellor actor 2009 Paa Auro Premio Nacional Cinematográfico ao mellor actor Filmfare ao mellor actor

Notas

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Allahabad Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Membros do Lok Sabha