Fuera de Serie foi un grupo musical español, formado en Xixón en 1983, que formaron parte da movida xixonesa nos anos oitenta do século XX e interpretaban as súas cancións en castelán, salvo o tema La ñeve'y la montaña, que cantaron en lingua asturiana. Estiveron fortemente influídos polo post-punk de grupos como The Cure.
Membros Luís Núñez: voz, guitarra (1983-1993)«Luís Núñez, un Fuera de Serie», en Universidad Popular Gijón/Xixón (blog) . Víctor Ruiz: baixo e coros (1983-1993)«Victor Ruiz y Luis Nuñez. Sombrero de Copa», en Grupo Equos (blog) . Amancio Sierra: batería (1983–1985)Rate Your Music (web) . Michael J. Cohen: batería (1985-1990) Luis Antiñolo «Kike»: guitarra e coros (1985-1993)«Equos», en Grupos Nacionales (blog) .
Colaboracións Mento Hevia: sintetizadores (1984-1985) René de Coupaud: piano (1984) Óscar Astruga: percusión (1985) Pepe Amez: batería (1991) Carlos Suárez: guitarras (1991) Guillermo Piccolini: teclados (1991) Carlos Fierro: piano e teclados (1991) Wally Fraza: percusión (1991)
Discografía Vanidad Masculina (1984). Mini-lp de seis temas editado por Sociedad Fonográfica Asturiana, gravado nos Estudios Norte (Xixón) por Pedro Bastarrica e René de Coupaud Villarrubia (os seus fundadores«René de Coupaud: maestro de músicos», en Universidad Popular Gijón/Xixón (blog) .). Fuera de Serie (1985). Longa duración de dez temas editados por Sociedad Fonográfica Asturiana, gravado nos Estudios Norte (Xixón). Haciendo Fortuna (1989). Mini-lp de seis temas editado pola discográfica compostelá Edigal. Pero no me busques (1989). Sinxelo de promoción con dous temas, editado por Edigal. A media noche (1990). Sinxelo con dous temas, editado polo subselo de Edigal Vitamina Records. Tour Camaleón (1990). Sinxelo con dous temas, editado por Dumm Mmers. Mientras la ciudad gira (1991). Longa duración de nove temas, editado por Producciones Km 444 (discográfica ovetense).
Tamén aparecen no seguinte recompilatorio: No se salva nadie (2007), que contén o tema "Pero no me busques". Editado por Norte Sur (Asturias)Ficha do disco en Discogs ..
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Grupos Nacionales (blog) . Discografía en Discogs (web) .
Categoría:Grupos musicais de Asturias Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 1983