As recombinases son encimas que catalizan a recombinación xenética en eucariotas e bacterias. As ADN recombinases son moi utilizadas no laboratorio en organismos pluricelulares para manipular a estrutura dos seus xenomas, e para controlar a expresión xenética. Estes encimas usados no laboratorio, derivados de bacterias e fungos, catalizan reaccións de intercambio de ADN sensible á direccionalidade entre curtas secuencias de sitios diana (de 30 a 40 nucleótidos), que son específicas para cada recombinase. Estas reaccións permiten realizar catro módulos funcionais básicos: excisión/inserción, inversión, translocación e intecambio de casete, os cales se usan por separado ou combinadamente nunha ampla gama de configuracións para controlar a expresión xénica.
Tipos Os tipos de recombinases inclúen os seguintes: recombinase Cre recombinase Hin recombinase Tre recombinase FLP
Notas
Véxase tamén Outros artigos RAD51
Ligazóns externas
Categoría:Encimas Categoría:Bioloxía molecular