O Campionato de Galicia 1917/18 foi a cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en febreiro de 1918 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.Copa del Rey Alfonso XIII 1918linguasport.com Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Pontevedra Sporting Club e o Deportivo Auténtico. O torneo disputouse en dúas fases. A primeira delas foi unha fase de grupos na que competiron os equipos do norte (Coruña e Deportivo Auténtico) nun grupo e os equipos do sur (Vigo, Fortuna e Pontevedra Sporting) noutro. O gañador de cada grupo clasificouse para a final. En tódolos casos empregouse o sistema de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Fortuna de Vigo. Porén, este campionato foi anulado nunha asemblea da FGF o 15 de novembro de 1919.

Fase de grupos Grupo norte Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 3 de marzo Riazor Deportivo Auténtico R.C. Coruña 2–2 Informe2 17 de marzo Monelos R.C. Coruña Deportivo Auténtico 0–2 Informe

Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Deportivo Auténtico211042+23Clasificación para a final2.R.C. Coruña201124−21

Grupo sur Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 17 de febreiro Campolongo Pontevedra Sporting Vigo Sporting 1–3 Informe2 24 de febreiro Bouzas Fortuna de Vigo Pontevedra Sporting 3–0 Informe3 3 de marzo Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 1–1 Informe4 10 de marzo Campolongo Pontevedra Sporting Fortuna de Vigo 0–3 Informe5 17 de marzo Coia Vigo Sporting Pontevedra Sporting (1) Informe6 19 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 5–0 Informe <div id="1">(1) O Pontevedra Sporting asinou a acta do encontro concedendo a vitoria ó Vigo Sporting.

Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Fortuna de Vigo4310121+117Clasificación para a final2.Vigo Sporting421147−353.Pontevedra Sporting400419−80

Final

Controversias Acta do Vigo Sporting–Pontevedra Sporting O domingo 17 de marzo debían xoga-lo Vigo Sporting e o Pontevedra Sporting en Coia. Durante a noite do sábado e mañá do domingo chovera moito e o club pontevedrés decidiu enviar dous integrantes a Vigo para solicita-lo adiamento do partido. A mesma mañá do partido produciuse unha reunión na que participaron os representantes do Pontevedra, do Vigo, do Fortuna, un representante da Federación Galega de Fútbol e mailo árbitro asignado para o encontro Luis Miranda. O árbitro e os clubs vigueses consideraron que o estado do campo era apto para xogar. Entón sopesouse enviar un telegrama a Pontevedra para que saísen os xogadores con destino a Vigo, puntualizando Miranda que en caso de que os futbolistas lerenses non chegasen a tempo, o club pontevedrés tería que pagar 300 pesetas de indemnización. O Vigo Sporting engadiu que a suspensión do partido podería producir liortas e que a mellor solución era asina-la acta do partido concedendo a vitoria ós viguistas. Os representantes do Pontevedra Sporting accederon. Así e todo, os futbolistas pontevedreses, que non daban recibido noticias de Vigo, decidiron desprazarse ata a cidade olívica e presentarse no encontro, chegando ó campo de Coia con puntualidade, pero o Vigo Sporting negouse a xogar alegando que xa fora asinada a acta do partido onde a vitoria era outorgada ó club vigués.

Notas

Categoría:Campionato de Galicia de fútbol Categoría:Fútbol en 1918 Categoría:1918 en Galicia