Jaume Vicens i Vives, nado en Xirona o 6 de xuño de 1910, e finado en Lión o 28 de xuño de 1960, foi un historiador, escritor, catedrático e editor catalán. Vicens Vives foi un intelectual inquedo e viaxeiro con contactos co catalanismo interior e exterior, con Josep Pla e con Josep Tarradellas. Sen ser afín ó Opus Dei, tiña amizade con algúns dos principais intelectuais que o integraban, e o seu nome chegou a soar para ocupar algún cargo de responsabilidade en Madrid. «Era un home importante», sentenza o membro do IEC, Antoni Simon. Grazas a isto, Vives conseguiu levar cara a adiante a historiografía contemporánea.Antoni Simon al butlletí de l'IEC A súa obra de investigación sobre a historia do século XV na Coroa de Aragón e sobre a figura de Fernando II de Aragón está considerada de referencia obrigada.Francisco Abad Nebot. El Padre Batllori ante Jaume Vicens.

Chegou á política a través da historia, onde atopou a explicación do seu presente. Segundo Pla, era "se cadra o intelectual que se fixo unha idea máis completa e directa".Muñoz, 1991..., páx. 406-409 En verbas do expresidente da Generalitat, Jordi Pujol, "Vicens tiña a idea dunha España aberta, moderna, esponxosa, quen de sumar vontades e de aceptar un intervencionismo de Cataluña en España. Coa vontade de que España fose cara a adiante e se evitasen novos episodios traumáticos".Pujol, Jordi. Conferència en el centenari de Jaume Vicens . Sabadell, (30 de xuño de 2010)

O seu forte pragmatismo e unha visión integradora permitíronlle acceder a figuras de diferentes ideoloxías e ser un "home-ponte" entre sensibilidades catalanistas e o réxime franquista. Esta ollada integradora explica as mensaxes de dó de personaxes tan diversos como Juan de Borbón y Battenberg, Josep Tarradellas ou o comité de Barcelona do prohibido PSUC.El País, 11-02-2010. Reportaxe sobre a exposición do centenario

A súa morte puxo fin de súpeto a unha traxectoria política que podería ter xogado un rol transcendental na transición democrática española, optando mesmo a ser presidente da Generalitat.El País, 11-02-2010. Recensión biográfica de Genís Barnosell

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Muñoz i Lloret, Josep Maria. «Jaume Vicens, historiador i polític». Miscel·lània d'homenatge a Josep Benet Barcelona: Abadía de Montserrat, 1991. ISBN 9788478262687.

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Xirona Categoría:Finados en 1960 Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Finados por cancro de pulmón