Avia Veira González, nada na Coruña o 6 de setembro de 1986, é unha filóloga e política galega do BNG.

Traxectoria profesional Licenciada en Filoloxía Galega, cursou a última convocatoria do Curso de Aptitude Pedagóxica. Na actualidade realiza un Mestrado en Tradución de Localización de Software e Produtos Multimedia.

Traballou como técnica de Normalización Lingüística durante dous anos.

Traxectoria política Co gallo da catástrofe do Prestige entrou, con 16 anos, formar parte do BNG a través da organización xuvenil Galiza Nova.

En 2012 accede a unha das concellarías na oposición do BNG na cidade da Coruña trala renuncia de Xoán Martínez CaxigalDimite Xoán Martínez Caxigal como concejal del BNG www.laopinioncoruna.es, 31-10-2012.

Após as eleccións municipais de 2015 quedou fóra das bancadas da oposición ao ir cuarta nas listas do seu partido, que só foi quen de acadar unha única acta. A dimisión do cabeza de lista, Xosé Manuel Carril, e as dúas seguintes candidatas nas listas colocou a Avia Veira como única concelleira representante do BNG no Palacio de María PitaCarril dimite por "ética e responsabilidade" e Avia Veira será a voceira do BNG na Coruña praza.gal, 05/06/2015..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Candidata nº4 do BNG-Asembleas Abertas Entrevista a Avia Veira: “Quero ser a voz da mocidade” www.bng.gal

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1986 Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2011-2015 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2015-2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes