O Olímpico Rugby Club é unha entidade deportiva adicada ó rugby con sede en Pozuelo de Alarcón (Comunidade de Madrid). O equipo masculino compite na División de Honra B e o equipo feminino é o vixente campión da División de Honra. Historia O club foi fundado en Madrid na tempada 1963/64, sendo bautizado como "Olímpico 64" por mor dos Xogos Olímpicos dese ano. En 1974 o Olímpico deixou Madrid por Leganés, e mudou de fogar novamente en 1976 para establecerse definitivamente en Pozuelo de Alarcón. Na tempada 1976/77 participou por primeira vez na máxima categoría do rugby español. En total foron seis tempadas na División de Honra, con varios ascensos e descensos de categoría até a última presenza do equipo na elite do rugby nacional na tempada 1990/91. O éxito máis salientable do Olímpico durante eses anos foi a vitoria na final da Copa do Rei na tempada 1986-87.

O equipo feminino foi subcampión da Copa da Raíña tres anos seguidos entre 2005 e 2007. Despois dun novo subcampionato de liga na tempada 2012/13, o Olímpico acadou por fin o campionato da División de Honra feminina en 2013/14 derrotando na final ó CRAT de A Coruña. A mesma final disputada en 2017 rematou co segundo título de liga para o conxunto de Pozuelo.

Tempada actual

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Olímpico Rugby Club Conta de Twitter do Olímpico Rugby Club Páxina de Facebook do Olímpico Rugby Club Palmarés nacional de clubs na páxina web da FER Outros artigos

Categoría:Equipos de rugby de España